Saturday 04 de May de 2024

Corte no subministro de auga nas parroquias do Val e San Mateo dende a noite do vindeiro martes ata a mañá do mércores


A empresa do Servizo Municipal de Abastecemento de Narón, Cosma, anunciou un corte no subministro de auga que terá lugar o vindeiro martes día 6 a partir das 20.00 horas e que se prolongará ata as 8.00 horas do mércores 7. A interrupción no subministro afectará a dúas parroquias da zona rural: San Mateo e O Val, tal e como indicaron dende a empresa.

Durante o período das restricións operarios da compañía realizarán labores de mantemento no depósito de abastecemento localizado no Val. Dende Cosma solicitan de antemán desculpas á veciñanza polas molestias que poida ocasionar o corte no subministro, necesario para poder levar a cabo os traballos previstos.